Obradoiros
Teatro a maiores

Obradoiro de teatro para maiores enfocado en reconectar co xogo e a creatividade. Trabállase en grupos reducidos para fomentar a imaxinación, a memoria, a seguridade e a socialización.

Improvisa en igualdade

Obradoiro de teatro infantil para traballar a igualdade de xénero de forma lúdica. Busca derribar estereotipos e fomentar valores como a empatía, a tolerancia e o traballo en equipo.

Mergúllate no teatro

Obradoiro de teatro para medrar persoalmente e fomentar o traballo en equipo. Busca desenvolver a imaxinación, a creatividade, a empatía e a expresión, mellorando a seguridade e as relacións grupais.