Mergúllate no teatro

POR QUE UN TALLER TEATRAL?

O Teatro achéganos ao concepto de equipa ao mesmo tempo que nos axudar a crecer persoalmente. Esta actividade, contribúe a atopar unha maneira de expresarse no mundo que os rodea e dar vida ao seu mundo imaxinario a través do xogo. Con este taller traballaremos para mellorar a intelixencia emocional e a empatía a través das dinámicas propostas.

OS NOSOS OBXECTIVOS SON...

  • Desenvolver a súa imaxinación, sensibilidade e atención.
  • Fomentar a creatividade, clave durante os procesos pedagóxicos, estimulando así as súas capacidades inventivas e creativas tanto individual como grupalmente.
  • Incentivar o traballo en equipo.
  • Desinhibición en público: fortalecer a seguridade consigo mesmo/a sen ningún tipo de prexuízo.
  • Accionar e reaccionar a estímulos diferentes.
  • Potenciar a percepción, expresión e comunicación.
  • Mellorar as relacións grupais poñéndonos no lugar do outro/a.

DIRIXIDO A NENOS E NENAS DE 6-12 ANOS

0
    0
    O teu carriño
    O teu carro está baleiro