Nós

A Coruña

JAVIER
CASTIÑEIRA

(Monte Alto, A Coruña) Actor. Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Este actor coruñés con alma de muxián, comeza a súa andanza actoral na infancia, da man de Noite Bohemia. Nesta compañía terá a oportunidade de traballar textos clásicos, tanto cómicos como tráxicos. Esta experiencia serviulle para gañar táboas no seu percorrido por diferentes teatros a nivel autonómico e nacional.

Apostou pola súa faceta artística cando decidiu formarse profesionalmente na ESADg, onde realiza diferentes proxectos. Cabe salientar, entre eles, As Bruxas de Salem da man de Olga Magaña e a súa participación en Matanza de Roberto Salgueiro, baixo a dirección de Aldán Dacosta. Colaborou tamén coa compañía Els Comediants en La Flauta Mágica na súa producción na Coruña.

Complementa a súa formación con cursos de Interpretación ante a cámara con profesionais como Jorge Coira, Daniel Currás, Conchi Iglesias ou JesúsFont.

CARMEN
FACORRO

(Vila de Cruces, Pontevedra). Actriz. Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Esta cruceña decide apostar pola súa carreira artística formándose na Escola de Teatro Pábulo (Santiago de Compostela). Compatibiliza esta andadura formándose tamén en audiovisual, pois conta con cursos como Secuencia propia en Buenafuente ́s Actors (Maite Buenafuente) e con Interpretación ante a Cámara da man de Voz Audiovisual, en A Coruña.

As súas inquedanzas artísticas consolídanse coa súa formación na ESADg. Salienta pola súa interpretación na peza de Papel, de José Padilla, dirixida por María Crespo.

A maiores, a súa interpretación destaca na peza Doentum imaxinaribus baixo a dirección de Nando Llera.

Ampliou os seus coñecementos de Commedia dell ́ Arte co mestre Carlo Bosso, investigando a construción das personaxes. 

Vila de Cruces