TEATRO A MAIORES
POR QUE UN TALLER TEATRAL?
Moitas veces a terceira idade pensa que o seu telón xa está pechado. Nós cremos que a través do teatro todas podemos volver a reconectar coa nosa nena interior. Atreverse a xogar, a crear, a soñar, a non xulgar o erro e a sentirse en comunidade.
DIRIXIDO A TERCEIRA IDADE
Para traballar unha atención máis cercana é interesante traballar con grupos reducidos,. Será máis doado afondar nas súas propias inquedanzas, experiencias, adaptándonos así ás necesidades de cada grupo. Cuestionar, para logo construír.
OS NOSOS OBXECTIVOS SON...
- Desenvolver a súa imaxinación, memoria, atención e creatividade.
- Fomentar e recuperar os elementos culturais que posúen as persoas maiores.
- Desinhibición en público: fortalecer a seguridade consigo mesmo/a sen ningún tipo de prexuízo.
- Incentivar o traballo en equipo e as relacións sociais.
- Accionar e reaccionar a estímulos diferentes.
- Potenciar a percepción, expresión e comunicación.