Á memoria de Ángel Otaegui, José Luis Sánchez-Bravo Solla, Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot “Txiki” e Xosé Humberto Baena Alonso.
28 de setembro de 1975. Vellos Campos de Sport de “El Sardinero”. Domingo de partido. O Racing de Santander recibe ao Elche na cuarta xornada do campionato de Primeira División. Dous xogadores do equipo local, Aitor Aguirre e Sergio Manzanera, saltan ao terreo de xogo cuns brazaletes negros sobre as mangas esquerdas das súas equipacións. Un xesto pequeno, pero cargado de compromiso, que desafía á ditadura do moribundo xeneral Franco.
Brazaletes reconstrúe a historia dos últimos fusilamentos do franquismo e das reaccións da sociedade civil da época, a través dunha mirada contemporánea e crítica sobre a complexa relación entre o fútbol e a política. Un espectáculo que mestura documento e ficción, humor e traxedia, memoria íntima e memoria colectiva, para lembrar que calar nunca pode ser unha opción.
- LU
- MA
- MI
- JU
- VI
- SA
- DO
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5




















