CORTELLO DE AMOR
”CORTELLO DE AMOR” Unha comedia, moi galega, con retranca e sotaque que trata unha problemática actual como é os disparatados precios dos alugueiros así como o turismo non sostible.
Jack e Rose, unha parella que ronda a trintena e que levan xuntos dende a adolescencia, van a un concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, nunha praza céntrica a carón do seu piso. Logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dous no faiado.
Durante esa noite no rocho, descubren que a súa paixón reavívase neste pequeno espazo. Encantados coas marabillas do faiado, teñen a idea de sacar uns cartos extra alugando a turistas o seu céntrico apartamento na zona vella dunha senlleira cidade galega, mentres eles aproveitan para pasar tempo no faiado, ao que chaman “niño de amor”, reconectando como parella.
Todo vai sobre rodas mentres os nosos protagonistas acumulan cartos e soños de futuro, pero a todo porco lle chega o seu San Martiño: coa fin do verán os ingresos baixan, a falta de espazo persoal ameaza con dinamitar a súa relación, a súa veciña anciá, dona Virtudes (que apreza moito o silencio, e ten algúns problemas de paranoia) parece disposta a facerlles a vida imposible, e o negocio de turismo porcino (un resort de natación con porcos nas Rías Altas) no que Jack investíu os cartos gañados, anúnciase un fracaso absoluto.
Jack e Rose veranse, entón, abocados a tratar de non afogar nun naufraxio que eles mesmos causaron. Terán que enfrontarse ao feito de que o seu niño de amor é un cortello, e todo o que fixeron, probablemente, unha merda.
Empregando a memoria como ferramenta de análise para o presente, e material de construción para o futuro, trazaremos relacións entre a vida e obra das irmás e as nosas propias vidas, tratando de establecermos un paradigma de acción ética que abra unha vía para construír unha sociedade mellor a través da acción individual.
Ideal para traballar a normalización lingüística e a historia de Galicia na mocidade.